disfruta del CHAT ya en funcionamiento

miércoles, 16 de octubre de 2013

Programa Coidarte 2013- Balnearios diurnos da diputación de Pontevedra.


O Programa consiste en pasar cinco tardes seguidas (de luns a venres) nos Balnearios, Talasos e Spas da provincia de Pontevedra. Inclúe servizo de transporte en autobús I/V.

O Programa consiste en pasar cinco tardes seguidas (de luns a venres) nos Balnearios, Talasos e Spas da provincia de Pontevedra. Inclúe servizo de transporte en autobús I/V.
O programa cofinaciarase entre a Deputación de Pontevedra, os concellos adheridos ó programa  e mais os usuarios.
A Deputación achegará 35 euros e o concello adherido 10 euros por persoa.
Prazo de adhesión dos concellos, do 6 ó 20 de xuño
Prazo de solicitude dos beneficiarios, do 10 de outubro ó 30 de novembro
Poderase descargar o formulario de solicitude no seguinte enlace: formulario de solicitude ou recollelo na Deputación de Pontevedra ou na súa Sede de Vigo.
Se o seu concello se adhire ó programa o usuario participará coas seguintes achegas (descontada a subvención da Deputación e do seu concello):
  • Balneario Termas de Cuntis: 70 euros
  • Balneario Hesperia Isla de la Toja do Grove: 68 euros
  • Balneario de Mondariz: 66 euros
  • Thalaso Atlántico de Oia: 63 euros
  • Spa Oca Galatea de Sanxenxo: 45 euros
  • Spa Norat do Grove: 32 euros
  • Spa Torre do Deza de Lalín: 20 euros         
  
No caso de que o seu concello non se adhira ó programa as achegas serán as seguintes (descontada a subvención da Deputación):
  • Balneario Termas de Cuntis: 80 euros
  • Balneario Hesperia Isla de la Toja do Grove: 78 euros
  • Balneario de Mondariz: 76 euros
  • Thalaso Atlántico de Oia: 73 euros
  • Spa Oca Galatea de Sanxenxo: 55 euros
  • Spa Norat do Grove: 42 euros
  • Spa Torre do Deza de Lalín: 30 euros 
  
Teléfono de contacto: 986 804 100 - ext. 41204 e 41222
Correo electrónicoservizos.sociais@depo.es