disfruta del CHAT ya en funcionamiento

jueves, 22 de diciembre de 2016

BO NADAL

BO NADAL.
 Dende a Asociación Avanzar desexarbos moi FELIZ NAVIDAD, i moi BO ANO 2017.
Que teñamos un ano cheo de SALUD.....PAZ Y MOITISIMA FELICIDADE.
Biquiños e apertas.

Entrega de premios C.P.I.Marcalino Rey Garcia Campaña de sensibilización

O día 21 de decembro a directiva de Avanzar entregou os premios ganadores da Campaña de Sensibilización deste ano 2016 a dous alumnos dos pequenos polo seu debuxo de como ven eles a discapacidade, i os grandes da Eso pola súa redacción sobre a discapacidade. 

martes, 20 de diciembre de 2016

Reunión con Carmela da Silva

Membros da directiva Avanzar participarón na reunión que tivo lugar hoxe martes 20 de decembro en Cuntis a blibioteca Municipal, co alcalde do noso pobo, e demais membros do partido i con Carmela da Silva, da Diputación de Pontevedra falamos dos cursos que facemos i a donde van dirixidos os cartos da subvención que nos concederón, neste caso o curso de formación de coiro.
Ela quedou moi complacida i dixo que para o ano mais.

lunes, 19 de diciembre de 2016

Premios Cogami 2016

A Asociación Avanzar participou na Gala de entrega de premios Cogami 2016.
A presidenta da Asociación Mª Jesús Maquieira falou sobre as asociacións pequenas de ambito rural.
Participarón 3 persoas.
 

viernes, 2 de diciembre de 2016

jueves, 1 de diciembre de 2016

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN 2016

Hola aqui presento a campaña de Sensibilización 2016.
Contamos co grupo de balomcesto paraolimpìco Anftiv Aldasa que foron as olimpiadas de Rio de Janeiro, e dous de eles foron medalla de plata e medalla de bronce. Tamen participarón a Asociación Avanzar organizadora do evento de cara o 3 de decembro día da Discapacidade.
Colaboraron o Concello de Cuntis e o Balneario,.
Asi como o colexio C.P.I Marcelino Rey Garcia de Cuntis.

 

lunes, 28 de noviembre de 2016

26 de noviembre TITULIN

26 DE NOVIEMBRE.
A Asociación Avanzar participa en Vigo no curso de sacarse o TITULIN para embarcacións de recreo de ata 6 metros.

miércoles, 23 de noviembre de 2016

26 DE NOVEMBRO

Informar de que os membros da Asociación Avanzar van ir a Vigo este sabado 26 de novembro para participar sacarse o PER... permiso que se precisa ter para levar embarcacións de recreo de 6 metros de largo, participan nel 4 socios de esta Asociación 2 homes e 2 mulleres.

jueves, 10 de noviembre de 2016

PARTICIPACIÓN DE OBRADOIRO DE COIRO NO MAGOSTO DE COLEXIO C.P.I MARCELINO REY GARCIA DE CUNTIS

O día 4 de novembro a directiva e algúns dos socios da asociación AVANZAR, participarón no magosto, do colexio C.P.I Marcelino Rey Garcia de Cuntis, na que oubo abradoiros e a asociación participou ensignandolles a facer pulseiras de coiro, na que todos os nenos da eso que participarón quedarón moi ledos e levarón unha pulseira como recordo feita por eles.
Participarón 105 alunmos. E fixemolo por grupos en cada grupo participaban uns 30 alunmos, catro grupos en total.
Un saudo dende Avanzar.

miércoles, 14 de septiembre de 2016

Informar do comenzo do curso.

de a directiva de Avanzar informar de que no proximo mes de Ouctubro comenzamos de novo co curso de Coiro que estavamos a realizar coa profesora Susana, calquer información preguntar os da directiva Avanzar.

lunes, 30 de mayo de 2016

Excursión o Ézaro, Costa de Morte etc.



Os menbros da Asociación Avanzar foron de excursión este sábado 28 de maio o Ezaro, costa da Morte, etc participando logo tamen dun xantar, foi un día moi satisfactorio para todos_as...e xa se preguntan para cando a próxima. Un saudo dende a directiva de Avanzar.

domingo, 22 de mayo de 2016

Semana Cultural Asociación Avanzar e instituto Plurilingue As Bizocas do Grove.



Semana Cultural no Instituto Plurilingue As Bizocas do Grove, un ano mais a asociación Avanzar estivo dando unhas clases de coiro e dandose a coñecer cos alumnos deste Instituto, e foi todo un éxito, mil gracias por contar connos.

miércoles, 27 de abril de 2016

Cinturons realizados no curso de coiro .


Estes son os traballos do curso de coiro que estamos a realizar en colaboración co Concello de Cuntis, y a Diputación...esta vez fixemos uns cinturons.
Un saudo Asociación Avanzar.

martes, 26 de abril de 2016

martes, 19 de abril de 2016


Informar de que o 28 de Maio teremos una excursión :
 COSTA DA MORTE, 
NOIA - MUROS
CATARATAS DO ÉZARO
CEE (
Dende a directiva Avanzar.
Informar a todos_as de que o venres 20 de Maio temos un día de participación, no Instituto Plurilingüe as Bizocas do Grove.

jueves, 7 de abril de 2016

Os miembros da Asociación Avanzar, coa colaboración do axuntaento de Cuntis,están a realizar un curso de coiro para obtar mais formación xa que este sería o terceiro que realizan con profesorado.
Estan todos oi satisfeitos coas novas que teñen de aprendizase, .Aquí una pequeña mostra.
 

miércoles, 2 de marzo de 2016

Campo As Canteiras da Ran.

A Asociacion Avanzar loita por facer de Cuntis un pobo acepsible i en colaboración co Concello de Cuntis estan a loitar i conseguindo moitas melloras, aqui temos a entrada do Campo de fútbol As Canteiras da Ran...Cuntis coa sua adaptación, i outras moitas que se iran facendo, Gracias o alcalde que.nos apoia neste camiño a seguir.

martes, 16 de febrero de 2016

Colaboración de Avanzar na festado lacon con grelos en Cuntis o 14 de febreiro.

Un ano mais a Asociación Avanzar colocou o seu stand na festa do lacon con grelos en Cuntis, recaudando un fondos para levar a cabo o curso de coiro i outras actividades que temos previstas para este ano. Moitas grazas a todos por visitarnos y colaborar .
Saudos dende a directiva Avanzar.

viernes, 12 de febrero de 2016

Domingo 14 de Febreiro.

Dende a directiva da Asociación Avanzar informar de que este Domingo 14 DE FEBREIRO. Estaremos na festa do Lacón con grelos de Cuntis co posto de coiro como fixemos anos atrás, para recaudar cartos para seguir adiante cos cursos y escursións etc que vamos a realizar o longo deste ano.
Esperamos poder disfrutar da bosa compañía, saudos.

lunes, 1 de febrero de 2016

Reunión co Bloque

Martes día 2/2/2016.
Temos prevista outra reunión co concelleiro do Bloque concretamente con Quique Portela na casa do médico as 16:00h da tarde.

Nova reunión co Alcalde de Cuntis

O día 28/01/2016.
Nova reunión concertada co alcalde de Cuntis para facer as obras que están previstas se fagan adaptadas, y ensignamoslle o noso estudio de accepsibilidade y quedarón moi satisfeitos, entón os novos proxectos se faran accepsibles a todas as persoas, asi como o noso propio concello, están a estudiar a entrada para facela accepsible.

lunes, 25 de enero de 2016

Neste comenzó de ano o día 22 de xaneiro tivemos una reunión co alcalde do concello de Cuntis, para chegar a uns acordos, que nos van a arreglar o local que temos en cesión na escola de Teaño, que podemos seguir cos cursos nos locais do pobo.
Y que as obras novas que se fagan que se fagan adaptadas para ter no noso concello un pobo adaptado para todo o mundo, tanto usuarios habituais como visitantes.
Foi una reunión moi amena y satisfactoria.
Este martes 26 de xaneiro de 2016 temos xuntanza co concelleiro do Bloque, na escola de Teaño.
Tamen comentarbos que este ano volvemos poner o estand na festa do lacón con grelos en Cuntis que tera lugar o vindeiro 14 de febrero i ali vos esperamos.
Un saúdo dende a directiva AVANZAR. 

miércoles, 13 de enero de 2016

Ano 2016

Asociación Avanzar, neste novo ano que comenza, os menbros da Asoción Avanzar continúan co seu taller de coiro para facer traballos de carteiras, marca paginas, vacia bolsillos etc.
Logo poran o seú posto de venta na festa do lacón con grelos de Cuntis i asi obter fondos para novas actividades, e excursións de dita asociación.
Comenzamos o taller o día martes 12 na casa do médico en Cuntis.
Un saudo dende a asociación avanzar.